sábado. 15.02.2025
El tiempo

A Travesía a Nado do Ézaro sobe de categoría formando parte da Copa de España de Augas Abertas

Travesia Costa no Ezaro-Foto-Jorge Castro
Imaxe da Travesía Costa no Ézaro deste ano-Foto-Jorge Castro
A Travesía a Nado do Ézaro sobe de categoría formando parte da Copa de España de Augas Abertas

Non deixa de apostar o Concello de Dumbría pola organización de eventos deportivos de alto nivel como motor económico e a foco de atracción turística para toda a comarca. Coa Copa de Mushing xa formulada para febreiro, o Concello dumbriés tamén se sube á onda da Copa de España de Augas Abertas.

Así o vén de anunciar a Real Federación Española de Natación, sinalando que entre as 20 probas da X Copa de España está O Ézaro.

Sube así de categoría a Travesía a nado do Ezaro e pasa a ser da rede RFEN TOUR 500.

Así, o vindeiro 6 de setembro, máis dos 200 mellores nadadores e nadadoras de todo o Estado terán que vir á Costa da Morte a conseguir puntos na recta final da Copa.

RFEN Tour Copa de Espana Augas Abertas

Máis novas

Comentarios