O Ézaro gozou da última proba do circuito Travesía Costa
10:11 10/09/24
este pasado 7 de setembro acollía a enseada do Ézaro a última proba do circuio Travesía Costa Duacode. Despois de pasar por Coruña, Oleiros, Fisterra, Malpica e Portosín, a vila dumbriesa acollía esta proba singular.
Na distancia longa de augas abertas de 4,5 km gañou Xoel Cubeiro, apenas 2 segundos por diante de Unai Álvarez, protagonizando ambos unha fermosa final. En categoría feminina gañou Aitana Martín foi a primeira moi destacada.
Ao remate, a organización do Concello de Dumbría celebrou unha gran sardiñada para todos os participantes.