Martes. 14.05.2024
El tiempo

Tres piragüistas dumbrieses na final proba internacional de O Fridao

Tres piragüistas dumbrieses na final proba internacional de O Fridao

Bo papel dos palistas do CDM Piragüismo Dumbría na súa participación no esixente XIX Slalom Internacional de O Fridao. Tres palistas do clube se colaron nas finais, destacando os quinto e o sexto posto de Iago Canosa e Marco Oreiro, respectivamente.

Iago Canosa, cun Quinto posto no K1 masculino, e Marco Oreiro, cun meritório sexto posto no C1, foron os mellor clasificados no XIX Slalom Internacional de O Fridao, en Amarante. Aarón Nuñez tamén se colou na final, concluindo a competición cun décimo posto.

Pola súa banda, Javier Trigo quedou fóra nas preliminares navegando ben, pero sen poder subir da decimonovena plaza. As posicións teñen moito mérito dado que as categorías nesta competición eran absolutas, non discriminando por edades.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios