![LCG Arquitectura obtivo unha mención especial pola súa proposta de Santo Tirso, en Portugal]()
LCG Arquitectura obtivo unha mención especial pola súa proposta de Santo Tirso, en Portugal
![Fernando Eiroa]()
Fernando Eiroa
Fernando Eiroa - natural de O Ézaro -xunto cos seus socios de
LCG Arquitectura veñen de gañar un dos premios que otorga a
Europan 13; un concurso de proxectos urbáns para arquitectos de toda Europa menores de 40 anos e nos que se presentaron máis de 1300 propostas.
Concretamente os membros deste estudo de arquitectura coruñés gañaron o primeiro premio por
Polonia co seu proxecto
"River Gate" sobre Varsovia e acadaron unha mención especial por
Santo Tirso (Portugal) coa proposta
"Play Time".
Baixo o lema "A cidade Adaptable: Auto-organización - Compartir - Proyecto (Proceso)" os participantes presentáronse ao desafío de "adaptar as principais cidades europeas á un desenvolvemento máis sustentable nun contexto de crise económica", indican dende a organización.
Europan é un concurso bienal de ideas urbanas e arquitectónicas. Cada dous anos este prestixioso concurso convoca a arquitectos menores de 40 anos para que presenten as súas ideas sobre uns determinados emprazamentos urbáns ofrecidos pola organización. Nesta última edición, dos 154 equipos premiados 5o son españois.
![Fernando Eiroa a esquerda cos seus socios de LCG]()
Fernando Eiroa, á esquerda, cos seus socios de LCG Arquitectura
Ésta non é a primeira vez que os membros de LCG Arquitectura obteñen un recoñecemento polo seu traballo. Recentemente, o o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) otorgoulles o premio
"Arte Efímera" pola súa ordenación do Festival do Norte en Arousa a base de palets.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).