Sábado. 04.05.2024
El tiempo

3 proxectos costeiros finalistas do XV Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia

3 proxectos costeiros finalistas do XV Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia

Vimos de coñecer a listaxe de Finalistas do XV Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia, e nos congratula ver que 3 proxectos teñen acento da Costa. Agora terán que agardar á gala que se celebrará o 14 de febreiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, na que darán a coñecer os gañadores, pero estar aí xa é toda unha honra.

Falamos de proxectos singulares e diferentes: unha rehabilitación dunha vivenda en Corcubión, unha urbanización dunha praza pública en Sofán, e un proxecto para o Centro de Visitantes da Cidab de Borneiro.

Finalista categoría de "Vivenda"

Proxecto de rehabilitación da Redonda, Corcubión, de Creus e Carrasco, Finalista dos Premios COAG 2013

O estudio Creus e Carrasco, da parella (no profesional e no cotián) formada polo ceense Juan José Creus Andrade e a lucense Covadonga Carrasco, son finalistas pola Rehabilitación desta casa e o seu entorno na parroquia da Redonda, en Corcubión. A privilexiada situación da finca, vendo o solpor sobre o promontorio Nerium, foi moi ben aproveitada polos arquitectos para facer esta marabilla, envexa de calqueira.

Finalista categoría "Espazos Abertos Públicos"

Rehabilitacion da Praza de Sofán-Finalista Premios COAG 2013

A Urbanización de praza pública de Sofán, en Carballo, é outro dos proxectos finalistas, levado a cabo por Alfredo Garrote Pazos e José Carlos Seoane González.

Finalista categoría "Final de Carreira"

Proxecto dun Centro de Visitantes para a Cidá de Borneiro feito por Alfonso Peiteado finalista dos Premios COAG 2013

E na categoría de Fin de Carreira, o alumno Alfonso Peiteado vén de realizar un espectacular traballo para un suposto Centro de Visitantes da Cidá de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. Todo coa axuda do titor Mario Di Felice Vázquez.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios