Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha viaxe polas cores do Cemiterio de Dumbría

Unha viaxe polas cores do Cemiterio de Dumbría
Está a dar que falar o novo Cemiterio Municipal de Dumbría, situado na zona de Estimán. Varias son as cousas que chaman a atención e numerosos medios xa se achegaron polo lugar para ver as reaccións da veciñanza. As lápidas de cores chamativos son, dende logo, o máis chamativo do novo cemiterio. Verdes, violetas, amarelos, vermellos, laranxas... infinidade de cores para descansar en paz. A obra esta a desenvolvela a empresa Construcciones en Piedra Sigrás (CPS) segundo un plano da arquitecta Rosana Pichel Pichel, que vén de deseñar igualmente o moderno albergue de peregrinos. A repercusión entre a veciñanza está a ser total. De feito, a pasada semana, cando o cemiterio saíu na TVG, medio centenar de veciños achegáronse a ver, de preto, como estaba quedando o primeiro cemiterio de cores de Galicia. Os veciños agolpábanse mentres os operarios tentaban sacalos da obra porque as palas non paraban. A aparelladora municipal pode acompañar aos veciños que o soliciten pero non lles está permitido entrar na obra sen un responsable. Andan a ter problemas cos roubos tamén na obra, e ademais de varios palés de pedra valorados en 3.000€, tamén roubaron varias lápidas de cores e material de construción de baixo valor. A Garda Civil segue investigando.

Cemiterio cuberto

Outro dos detalles que destaca neste innovador cemiterio é o corredor central. Baseándose na idea de que un cemiterio é un lugar público moi utilizado, a arquitecta tentou facelo o máis accesible e acolledor para os veciños. Así o corredor central está tapado cunhas táboas a modo de árbores artificiais. Deste xeito non chove mentres os veciños acoden a coidar os seus mortos.

Aforo completo

Con todo, e a pesar do novedoso, os veciños parecen contentos. Como hai tanta demanda, non hai protestas, e con toda seguridade o cemiterio utilizarase como tal e non quedará nun recuncho da Costa como lle ocorre ao Cemiterio do Cabo Fisterra. De feito, dos 220 panteóns a meirande parte xa están vendidos a un prezo que ronda os 3.000€. Xa sae caro o descanso eterno, a color. cemiterio-dumbria-corredor cemiterio-dumbria-colores-1

Fonte

Comentarios