Uxía Senlle cantaralle aos pequechos de Dumbría

08:30 26/08/13

O vindeiro martes, 27 de agosto, ás 20.00 horas, terá lugar na casa cultural do Ézaro a actividade de dinamización lingüística 'Rosalía Pequeniña', un concerto protagonizado por Uxía Senlle no que se adaptan aos ritmos máis actuais os poemas de Rosalía de Castro.
Este concerto forma parte do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización.