O Vákner volve vixiar os montes de Dumbría
Este sábado 28 terá lugar en Dumbría a primeira e histórica edición do Festival Vákner. E como preludio, que mellor que dar a coñecer a espectacular estatua que Cándido Pazos vén de realizar. Achegábase unha completa comitiva esta mañá de mércores 25 de maio ao cruceiro do Marco do Couto, onde empeza o Camiño Real, para destapar e dar a coñecer a imaxe do lobishome.
5 metros de estatua que van impresionar aos peregrinos, que de seguro preguntan de onde sae esta figura, serviundo para engrander o patrimonio inmaterial do noso Camiño. Tocaranos a hostaleir@s e veciñ@s preparar a historia, e lembrar que a estatua representa ao home lobo que no século XV se lle apareceu a un bispo armenio que decidiu facer o Camiño desde Santiago de Compostela a Fisterra. É, ademais, a primera escultura dedicada a un home lobo en España.
Festival
E xa toca pensar na completa xornada deste 28. Ademais de entregar no mesmo lugar os premios do certame literario que leva o nome da besta, a partir das 21:00h, a actividade trasladarase ao campo de fútbol do Conco. Alí terá lugar o concerto de Luar Na Lubre xunto aos seus convidados: Víctor Manuel, Ismael Serrano, Carlos Goñi, Alexandra Suárez e Gaiteiros de Buxantes.
Para asistir ao concerto é preciso retirar as entradas, aínda que gratuítas, en www.ataquilla.com ou ben no propio Concello de Dumbría.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 22: “O Vákner vai ser o noso monstro do Lago Ness”.
- Xa disponibles as entradas gratuitas do Festival Vákner.
- Dumbría prepara o seu I Festival Vákner con Luar na Lubre, Víctor Manuel e Ismael Serrano.
- Luar Na Lubre estrea o seu novo disco no que a Costa da Morte é protagonista.
- Novembro 21: O Vakner invadiu Inglaterra.
- Outubro 19: O Vákner como motor inmaterial do Camiño.
ARTIGOS SOBRE O VÁKNER
- A escultura do Vákner vai collendo forma.
- Martiño Nercellas: Quen encarnou ao "vakner" de Fisterra? Outra interpretación do que puido ser este “animal grande e moi daniño”
- Jose Antonio de la Riera: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido)