Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xa dispoñibles as entradas para o Festival Vákner

cartel festival Vakner Dumbria 2022
Xa dispoñibles as entradas para o Festival Vákner

Dende hoxe, xa se poden adquirir as entradas gratuítas para o I Festival Vákner en ataquilla.com. O festival dumbriés, ademais de xuntar no escenario a Luar na Lubre, con Víctor Manuel e Ismael Serrano, incorpora ao seu cartel a presencia do grupo de gaitas de Buxantes, para que a xornada do 28 de maio no Conco sexa absolutamente inesquecible.

A cita, que chega con visos de quedar, inclúe tamén á cantante local Alexandra Suárez e non se descartan aínda novas incorporacións.

O Festival continúa o traballo de posta en valor do patrimonio inmaterial costeiro a raíz desta figura arredor do Camiño. Nesa liña vai o certame literario Territorio Vákner, cuia entrega de premios se realizará tamén durante a celebración. Ademais, será iaugurada unha escultura da besta completan esta proposta musical e cultural inspirada nunha lenda do Camiño a Fisterra e Muxía.

Novas relacionadas

Artigos sobre o Vákner

Comentarios