Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dumbría prepara o seu I Festival Vákner con Luar na Lubre, Víctor Manuel e Ismael Serrano

LUAR NA LUBRE Festival Vakner Dumbria 2022
Dumbría prepara o seu I Festival Vákner con Luar na Lubre, Víctor Manuel e Ismael Serrano

Segue collendo protagonismo o Vákner na imaxe do Concello de Dumbría, como vehículo para a posta en valor do patrimonio inmaterial e de aproveitamento turístico arredor do Camiño. Dende 2019, esta simbólica besta, tal vez un lobishome, coa se se atopou en 1492 un monxe armenio e que foi rescatado polo concello costeiro, focaliza boa parte da imaxe corporativa dumbriesa, dando agora nome I Festival musical, que se celebará o 28 de maio nas instalacións deportivas do Conco.

Luar na Lubre será a principal banda, pero a gran nova é que a banda galega estará acompañada, por primeira vez, por grandes figuras como Víctor Manuel e Ismael Serrano, que xa teñen colaborado nos seus discos.

Este festival, que tamén confirma xa a presencia da artista local Alexandra Suárez, aspira a ser o gran encontro musical da Costa da Morte. Pero ofrecerá moito máis, maridando a música con outros ingredientes como a arte, a literatura ou a gastronomía. Terá lugar por exemplo, a entrega de premios do certame literario Territorio Vákner e o descubrimento dunha escultura do monstro.

O concerto será gratuíto, pois así o decidiu o concello, malia que para controlar o aforo será igualmente preciso obter as entradas a través de www.ataquilla.com e de forma presencial nas instalacións municipais. As entradas, tanto on line coma físicas, estarán dispoñibles a partir do martes 19 de abril ás 10:00 h.

O Disco

Xa temos falado do último disco de Luar na Lubre , ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’, no que a a banda galega se sumerxe nos bosques de Dumbría coa besta. O do Conco será o primeiro concerto dunha comarca moi especial para Bieito Romero: “Nos nosos 19 traballos, e a excepción do álbum Ribeira Sacra, aparecen cancións vencelladas coa Costa da Morte, da que me sinto moi preto. De feito, dei clases de gaita en Malpica, Zas e Coristanco e resido nunha das entradas á mesma, en Arteixo. O vínculo emocional para min é enorme, pero ata o de agora deuse a circunstancia de que nunca tocáramos en Dumbría”. Tamén destaca Romero a importancia da figura do Vákner, pola que o grupo apostou desde un principio dedicándolle precisamente un tema no seu último traballo.

Novas relacionadas

Artigos sobre o Vákner

Comentarios