Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Verquido na ensenada do Ézaro

Verquido na ensenada do Ézaro

Este pasado mediodía de martes 6 de setembro de 2011, a ensenada do Ézaro, a carón da desembocadura do río Xallas, sufría un forte verquido. Unha fuga de aceite da central hidroeléctrica é a culpable. Ao parecer, un despiste de varios operarios cando trasvasaban 3.000 litros de aceite, recén chegados dende Carantoña, para o trasformador, acabou con máis de 1.000 na ensenada do Ézaro. I é que a vía de vaciado do bidón estaba aberta.

Dende primeira hora da tarde (o verquido tivo lugar ás 12:45h) efectivos do Seprona e de Protección Civil intentaban minimizar o devastador efecto do verquido.

Segundo nos informan dende a Garda Civil, á noite xa estaban recuperados uns 400 litros, e a situación xa está "baixo control" e terá un "impacto mínimo". Dende a Garda Civil, insiten en que a zona está acotada, e as tarefas de recuperación en marcha. Aseguran que nos vindeiros días recuperarase a zona por completo.

Un novo verquido por un simple erro humano.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios