![festas do mar lira 2011]()
As festas non rematan. E para mostra, hoxe traemos un novo cartel, o das Festas do Mar de Lira. Celebraranse este venres, 19 de agosto e o sábado 20.
Programa
Comezarán os festexos en Lira o venres 19, cos sons da charanga Air Jalisia polo porto. Dende as 21:00h haberá unha sardiñada con pementos de Padrón incluídos. Tamén tocará a charanga Air Jalisia.
E xa pola noite, gran verbena co grupo Estrella e o grupo Midas. O cartaz rexistra un erro, xa que o grupo Metrópolis non poderá asistir á cita.
O sábado 20 hai máis festa. Comezarán ben cedo con pasarrúas cun grupo de gaitas. A mediodía haberá misa na honra á virxe do Carme. Cantará na misa a Coral Polifónica de Carnota. Logo será a quenda para a procesión.
Os bailes de misa estarán amenizados polo grupo Nebraska. Xa pola noite, haberá unha gran verbena na compaña de Nebraska e o grupo Atenas. A medianoite tiraranse os fogos de artificio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)