![Romaría da Cachelada Mallou Maceiras]()
Os lugares de Mallou e Maceiras, en Carnota, celebrarán o vindeiro venres, 26 de agosto, a Romaría da Cachelada. Comezarán ben cedo, dende as 10:00h, con pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Xeitura de Esteiro.
A sesión vermú chegará ás 14:30h, coa música e os bailes da orquestra Chicas Show. Pola tarde celebraranse xogos populares dende as 17:30h, e despois teatro dende as 20:00h.
A cita coa gastronomía chegará ás 22:00h, cando se comece a servir as cacheladas. Nos comezos da degustación actuarán os componentes de Xeitura. E xa dende as 23:00h, gran verbena con
Chicas Show e o grupo Océano. A festa prolongarase ata altas horas da madrugada, con pinchadiscos dende as 05:30h, polo que a festa e a troula continua están aseguradas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Cartel facilitado por Iván Pereira Rodríguez.