O San Xoán de Carballo terá dúas grandes fins de semana
A coincidencia dos días grandes (24 e 25 de xuño) en fin de semana provoca que as festas de San Xoán se estendan tamén á primeira fin de semana de xullo. Así, se a semana grande será entre 22 e o 26 de xuño (dende o pregón ata o Día do Neno), dúas das citas máis singulares da festa estival carballesa, O Rockin’ e a Festa do Bosque, celebraranse os sábado 1 e domingo 2 de xullo respectivamente.
A Asociación Cultural San Xoán leva meses traballando na elaboración do programa, que, como é habitual, incluirá actividades para todos os gustos: verbenas, concertos, concursos, animación de rúa, espectáculos de todo tipo... que durante cinco días converterán Carballo no centro de atracción de toda a comarca.
Esta semana pechouse o prazo de participación no concurso para a elección do cartel anunciador do San Xoán. O xurado reunirase o vindeiro mércores para elixir o deseño gañador, que se fará público coincidindo coa presentación do programa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta,.com).