3 furtivos de Fisterra escapan trala incautación de 107 quilos de ameixa na Langosteira
Esta madrugada o Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e axentes da Garda Civil de Muxía e do Seprona artellaban unha operación contra o furtivismo na praia da Langosteira en Fisterra.
Chegaron á praia e interceptaron unha furgoneta que contiña no seu interior máis de 107 quilos de ameixa babosa e 14 aparellos, entre os que había traxes de mergullo, aletas e tubos. Pero os conductores déronse á fuga.
Así e todo, os axentes aseguran que en breve serán detidos, pois son "moi coñecidos na zona" e teñen controlada a furgoneta.
Ao remate, os axentes resembraron a ameixa na zona.
A Consellería do Medio Rural e do Mar fai, unha vez máis, un chamamento á cidadanía para que non adquira peixe e marisco fóra de los cauces legais, xa que só o produto que se extrae e comercializa segundo o establecido legalmente é óptimo para o consumo.
Máis info
Novas relacionadas
- Os voluntarios do Prestige volven a limpar e reflexionar.
- As VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño recuperan un Mar de recordos.
- O rei do marisco xa ten a súa festa preparada.
- Novos operativos contra o furtivismo en Camariñas, Corme e Laxe.
Fonte
- Xunta.