Mércores. 26.02.2020
El tiempo

Os voluntarios do Prestige volven a limpar e reflexionar

Os voluntarios do Prestige volven a limpar e reflexionar

Este sábado 2 de xuño, a vila de Corcubión acollerá unha xornada moi especial. Un deses Reencontros 10 anos despois que prantexa a campaña Galicia en Color que se combinará ademais coas mediambientais e educativas Xornadas "Limpando as nosas rías" que a Asoar-Armega leva facendo dende 2008.
Unha cita que vén apoiada pola propia Isabel Coixet, directora da documental Marea Blanca, na que os protagonistas son varios persoeiros da zona como Sole Méndez ou Nacho Castro, co que falaremos nunha longa vídeo entrevista esta vindeira semana. Coixet enviará unhas verbas aos asistentes.

Deste xeito, a xornada sabatina dividirase en dúas partes (ou tres): pola mañá terá lugar no peirao de Corcubión a XIII Xornada de Limpeza do fondo mariño da ría; pola tarde os voluntarios de todo o mundo compartirán a súa experiencia na Casa da Cultura; e pola noite, o pavillón estará preparado para revivir aqueles meses de traxín

Xornada "Limpando as nosas rías

XIII Xornadas Limpando as nosas Rías en Corcubión da Asoar-Armega

Voluntarios do Prestige, xunto con mergulladores, mariñeiros e veciños, todos voluntarios, serán os artífices da limpeza, para sacar dos fondos mariños toneladas de lixo. Nesta ocasión a xornada está cofinanciada pola Fundación Biodiversidade, o Concello de Corcubión, e a empresa FerroAtlántica, única empresa privada que patrocina este tipo de actividades que a Entidade está levando a cabo, colaborando ademais coa súa participación, e como en anteriores xornadas: o Club do Mar de Ferrol, Mergullo Finisterre, o CEMMA, ou a escola de vela Cataventos.

A xornada comezará ás 10:00 da mañá no porto, onde se reunirán os participantes para coordinar as tarefas e repartir o material necesario para desenvolver o traballo adecuadamente, prolongándose estes ata as 14:00 horas. A actividade consiste na retirada de residuos sólidos que están contaminando o leito mariño para posteriormente trasladalos a porto, onde se procedrá á súa separación dependendo da súa composición e material e depositándoos así nos colectores habilitados ao efecto, non sen antes limpalos de lodo e retirar aqueles organismos mariños vivos que veñen adheridos a eles.
Estas tarefas serán complementadas con actividades de educación ambiental e de conservación do medio mariño dirixidas aos máis pequenos, tratando de interiorizar desde idades moi temperás hábitos de vida sostibles. Ademais tratarase de concienciar á poboación en xeral, máis en concreto á das zonas costeiras, da necesidade inminente de protexer e coidar o ecosistema mariño para garantir a conservación de especies, crendo necesario un cambio de actitude ante o medio mariño.

Experiencias internacionais

En horario de tarde, a partir das 17:00 horas, celebrarase, na Casa de Cultura de Corcubión un encontro con voluntarios do Prestige, onde eles serán os protagonistas, ao ofrecer aos asistentes as súas vivencias, tratando de rememorar aquel suceso que marcou un antes e un despois nas súas vidas e nas nosas.

A cita contará coas exposicións de diversos voluntarios e voluntarias de diferentes nacionalidades:

  • “O Prestige cambiou vidas” ‐ Michelle Matjceks (Voluntario checo que durante a catástrofe do Prestige coñeceu a súa parella actual, coa que reside en Valencia)
  • “O mar é de todos” – Jorge Lera (voluntario de León que aportará a visión dunha persoa de interior e a súa relación co mar)
  • “Os galegos tamén estivemos” – Carlos Sarandeses (voluntario natural e Vigo que falará da participación de Galicia na Marea Branca)
  • “Alegría Fisterra”‐ Sole Méndez (voluntaria de Estremadura que quedou a vivir en Fisterra. O mellor legado do Prestige, segundo ela, é a súa filla, a que chamou Alegría Fisterra)
  • “Os sorrisos do Prestige”‐ Sven Schwebsch (voluntario alemán que creou a rede de voluntariado libre, fixo un seguimento do estado das praias varios anos despois do derrame de fuel)
  • “O mar: antes, durante e despois” – Alberto de Coo (Especialista en especies mariñas, autor de diversos estudos medio ambientais relacionados coas consecuencias do naufraxio)

Despois das exposicións haberá un coloquio, no que poderán participar tódolos presentes, entre os que se atoparán voluntarios como Rustant, natural de Polonia e que despois do Prestige cambiou a súa residencia á Galicia.

Novas relacionadas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Máis novas

Fonte

comentarios