65 rapaces e rapazas de Fisterra despiden as clases de informática
08:05 15/06/17
Os cursos desenvolverónse ao longo do curso académico na aula de informática municipal de Fisterra e no CEIP Areouta de Sardiñeiro
Un total de 65 rapaces e rapazas de entre 6 e 13 anos despediron onte os cursos de informática que se levaron a cabo na Aula de Informática Municipal de Fisterra e no CEIP Areouta de Sardiñeiro durante o curso escolar 2016-2017. Estes cursos estiveron organizados polo concello de Fisterra.
Ao longo do ano aprenderon sobre programas de ofimática, creación e edición de música e vídeo, retoque dixital e outras ferramentas útiles en Internet. Da formación encargous Neli Cambeiro Otero, formadora ocupacional do concello de Fisterra.
O acto de clausura tivo lugar no salón de actos do concello de Fisterra e José Marcote Suárez - alcalde de Fisterra - e Teresa Fernández Martínez - concelleira de Cultura, Educación e TIC`s - encargáronse da entrega de diplomas.
Próximos talleres
O vindeiro mércores, 21 de xuño, ábrese o prazo para as inscricións nos talleres de informática e robótica dixidos a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos e que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Fisterra