martes. 12.11.2024
El tiempo

A Asociación de Veciños de Fisterra presenta unha batería de melloras para a vila

A Asociación de Veciños de Fisterra presenta unha batería de melloras para a vila
Edificio paralizado na praia da Ribeira de Fisterra Edificio paralizado na praia da Ribeira de Fisterra. Imaxe de arquivo A asociación de Veciños "Costa da Morte" de Fisterra vén de presentar unha serie de de melloras dirixidas a garantir a seguridade dos viandantes e de ofrecer o mellor aspecto turístico. Edificio en construcción En primerio lugar, dende a xunta directiva exisen que o goberno municipal "tome as medidas oportunas" para solucionar o problema do edificio que leva dez anos en contrucción nas inmediacións da praia da Ribeira que xa foi denunciado en QPC. Segundo indican os membros da entidade veciñal, esta obra dá moi mal aspecto ao conxunto arquitectónico do lugar no que se atopa xa que é unha das zonas máis concorridas e de maior atractivo turístico da vila. Os membros de "Costa da Morte" entenden que é responsabilidade do concello velar polo cumprimento da lexislación vixente en materia e, por tanto, de buscar solución ao problema desta edificación inacabada. Castelo de San Carlos Dende a asociación de veciños "Costa da Morte" exísenlle ao concello de Fisterra que habilite de varandas de protección ao corredor que rodea o castelo de San Carlos, especilamente na zona posterior sobre o cantil, xa que ao ser parecer este estreito paso peonil supón un gran perido para os viandantes. Imaxe turística En canto ao turismo, dende a entidade veciñal "Costa da Morte propoñen que o concello regularice o sistema de sinalización dos albergues de peregrinos "con carteis normalizados e situados en lugares axeitados". Nos últimos anos, o auxe do Camiño de Santiago a Fisterra fixo que medrase a oferta de albergues na vila fisterrá o cal, segundo os membros da asociación veciñal, ocasionou unha "eclosión de carteis anunciadores de formatos variados e colocados, en ocasións, en lugares inapropiados, o que dá unha sensación de desorde ou descontrol". Estrada do faro Dende a asociación de veciños denuncian que as árbores que se sementaron na ladeira do monte do Cabo por baixo do nivel da estrada ao Faro estanse convertendo nunha barreira visual, que impiden contemplar o mar e é precisamente este un dos atractivos turísticos naturais que máis son valorados polos visitantes. Por este motivo, solicitan que o concello de Fisterra se encargue de "rarear as árbores" co fin de que non se convirtan nunha barreira visual.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios