Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A concesión do Semáforo queda finalmente paralizada

A concesión do Semáforo queda finalmente paralizada
A concesion do Hotel do Semaforo de Fisterra tera que esperar-Foto-Margalaica

Denunciabamos hai arredor dun mes que a concesión ata 2030 do simbólico hotel do Faro Fisterra, o Semáforo, era un claro exemplo da presunta corrupción do PP. I é que cando as cousas comezan mal, mal rematan. Onte, o PP convocaba un pleno extraordinario de última hora (a 4 horas para arrincar a campaña) para proceder á votación da concesión que xa tiñan practicamente masticada e concedida á filla dun concelleiro, pero que necesitaba o acordo plenario para ser efectiva.

Pero as cousas non saíron como pensaba o grupo de goberno. Non aparecían no pleno dous concelleiros populares (non sabemos se por motivos persoais ou desavencencias co asunto) pero contaban cos votos a favor do PSOE. Pero finalmente o grupo socialista, ao igual que o BNG, votaron en contra, esixindo que a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Consellería de Facenda estude a legalidade do procedemento.

Paralelamente, ademais, a empresa NCC Galicia, a perxudicada no proceso, segue pedindo o devandito informe sobre o que se tivo que basear a votación da licitación e que daba máis puntos ao proxecto da filla do Concelleiro de “e fotocopias e unha grapa”, pero o Concello segue sen remitirllo mes e medio despois. Parece que seguen redactándoo…

Así, ao non haber acordo plenario, queda paralizada a adxudicación, perdendo o de sempre, Fisterra, pois cando máis tempo estea paralizado o Semáforo máis complicado será levantalo.

En todo caso, o grupo de goberno non permitiu que se procedese á votación para levalo á Xunta Consultiva polo que o novo goberno entrante atoparase de novo co asunto a medio, e mal, facer.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios