A Cultura tamén se instala nunha Semana Santa fisterrá chea de devoción e troula


Xa vimos que as Festas do Cristo chegan cargadas de devoción e troula. Pero ademais, a cultura estará moi presente na Semana Santa fisterrá. Sobre todo no Faro Fisterra, onde 30 obras ocuparán as instalación do 5 ao 16 de abril. 30 obras no marco do premio V Premio Jesús Núñez, que artella a Deputación, aquí coa colaboración do concello.
A través das 30 obras da mostra, e grazas á visión de artistas alemán, arxentinos, búlgaros, franceses, mexicanos e romaneses, o público poderase embarcar nunha apaixonante viaxe na que quedará seducido por un amplo e variado percorrido de cores e trazos de todo tipo.
II Exhibición de Danza tradicional

Ademáis da Exposición, o vindeiro 1 de Abril, Domingo de Ramos, realizaráse un ano máis a II Exhibición de Danza tradicional organizada pola Anpa Nosa Señora do Carmen en colaboración co Concello de Fisterra.
A cita será ás 18:00 horas no porto de Fisterra onde a danza e a música galega engalanarán unha tarde de festa.
Os cativos e maiores do Colexio Nosa Señora do Carmen acompañados de grupos visitantes son xa expertos na organización deste tipo de festivais que todolos anos o realizan por partida dobre coincidindo co Domingo de Ramos e coa Festa do Longueiron.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).