Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A familia de Guillermo Marcote Traba denuncia a súa detención ilegal

A familia de Guillermo Marcote Traba denuncia a súa detención ilegal
Casa de Antonio Insua na Rúa do Carme de Fisterra Casa de Antonio Insua na Rúa do Carme de Fisterra

Estremecedor o relato que nos conta a familia do fisterrán Guillermo Marcote Traba trala súa detención hai case 4 semanas polo suposto asasinato de Antonio Insua Canosa fai catro anos e medio. Un caso que está reabrindo a polémica sobre os dereitos humanos e que xa está sendo estudiado polos servizos xurídicos Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Libertades "Esculca".
I é que segundo denuncian, trátase dunha "detención ilegal" provocada pola "incompetencia da Policía Xudicial", que no seu día pechou un caso por suicidio, e que tivo que reabrilo a instancias do xulgado, que tiña claro que se trataba de homicidio. A día de hoxe Guillermo segue nun módulo terapéutico do cárcere de Teixeiro.

A familia do detivo, que xa presentou un recurso no xulgado de Corcubión, malia que non teñen moitas esperazas postas nel porque pode que saia antes o xuizo que a sentenza do recurso, denuncia que a Policía Xudicial non ten máis probas contra el que o testemuño de varios veciños, todos consumidores, que ademais son contraditorios, porque daquela non contaran a mesma historia. Ademais, algunha das inculpacións chega de xente que nin estivo presente o día do suceso, destacan explicando que o homicidio ocorreu tras unha tarde na que varios veciños consumiron conxuntamente no piso do asasinado.

O que tamén ten a Policía é a declaración de culpablidade do propio Gullermo Marcote Traba. Pero o procedemento non foi demasiado limpo, segundo que denuncian os seus familiares.
I é que se trata dunha persoa con discapacidade, da que explican que é como un rapaz de 12 anos nun corpo de 35, ao que hai que sumarlle que é consumidor de drogas. E no momento de asinar a declaración o fixo baixo presión e baixo os efectos das drogas e sen medicación, e ante as amenazas de que se non asinaba ía estar 20 anos no cárcere e que se firmaba só ía estar 20 días. El non dixo nada, de feito pensou aquelo de "A polisía sempre é boa". El tan só asinou, e despois lle dixeron se quería un abogado, pero parece ser que xa era demasiado tarde..., declara un familiar.

A detención

Explícannos como foi o proceso de detención: Tras reabrir o caso, a Policía Xudicial toma declaracións pola vila, e retéñeno a el. Chegan a casa e dinlle que o van levar para facerlle unhas pregunta. A nai respóndelle aos gardas, tras esixirlle a indentificación, que non o poden levar porque é discapacitado. Así e todo, ordenan a súa detención e o levan. Cos nervos, a nai non lle deu toda a medicación necesaria. Intentamos chamar para explicarlle á policía que precisaba ese medicamento para a epilepsia, pero responderon cun simple "aquí xa temos médicos", e o propio Guillermo nos contaba que non lle deron esa pastilla ata 5 horas máis tarde, xusto despois de asinar a declaración tras el pedila constantemente. Ademais, estaba na Coruña, "por problemas técnicos", segundo nos dixeron, non en Corcubión como nos informaran.

A cousa antes de asinar a declaración tamén ten o seu punto. Sen medicación, a policía deixoulle saír fumar un porro que lle quitaran o día da detención, "porque o vían moi nervioso". Ademais, non nos queren ensinar a grabación do consultorio, denuncian.
Pasou case 3 días na Coruña sen que o puidera ver a familia, e como xa contamos o avogado só chegou trala súa sinatura. Cando fumos visitalo, xa en Corcubión, estaba chorando, e dicía "non entendo o que me mandan, voume matar, eu non von aguantar, eu non teño por que levar as culpas de outro". Agora está no módulo terapéutico en Teixeiro, está algo mellor, pero a xente xa fixo o xuizo social, co que conleva no día a día. Agora temos que agardar ata o 15 de novembro para volver visitalo, explican tristes os seus familiares.

Repercusión social

Se cadra o máis incómodo de todo sexa a repercusión social que ten todo este escabroso asunto nunha vila como a de Fisterra. "Este é un sitio pequeno e a xente fala e nos mira polas rúas. A verdade é que o estamos pasando fatal", recoñecen os seus familares. Por iso piden xustiza, que se clarexe o asunto, e que se recoñeza publciamente que a súa detención foi un erro, un grave erro, e que collan ao autor do delito, que segundo indican "seguramente seguirá polas nosas rúas".

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios