Venres. 29.03.2024
El tiempo

Detido o presunto asasino do fisterrán Antonio Insua Canosa fai catro anos e medio

Detido o presunto asasino do fisterrán Antonio Insua Canosa fai catro anos e medio

Todo apuntaba a un suicidio. De feito, a vítima, tiña varias puñaladas que nun principio se creu que se trataba dunha auto lesión. Pero a historia non foi así. Tras anos de loita por parte da familia solicitando unha verdadeira investigación, a Garda Civil detía onte ao suposto autor do asasinato.

Hai 4 anos e medio, o fisterrán Antonio Insua Canosa aparecía degollado na súa propia casa, na rúa do Carme. Malia que as propias forzas de seguridade deran a entender que se tratara dun suicidio, toda o pobo da vila do Cristo sabía que non podía ser, que fora asasinado, e "seguramente por alguén de fóra", afirmaban os veciños e familiares daquela. Parece que tampouco foi así.

Os propios Axentes da Garda Civil e forense tampouco estaban do todo convencidos daquel suposto suicidio que no ano 2007. Algúns detalles que non cadraban, empuxaron aos investigadores e ao xulgado a seguir traballando sobre un caso que deixaba uns cantos cabos soltos, aínda que a priori, tamén podería haberse tratado dun suicidio. A personalidade da vítima e os seus antecedentes inclinaron a investigación, nun primeiro momento, por carreiros que non eran os correctos.

Onte, logo de catro anos e medio, as sospeitas deron os seus froitos e os gardas lograron deter ao suposto autor dun crime cuxo móbil, aparentemente, eran débedas económicas relacionadas co tráfico de drogas.

Desde xaneiro deste mesmo ano as investigacións céntranse na hipótese homicida e desde o propio xulgado encoméndase, aos responsables da investigación, o esclarecemento dos feitos. Como consecuencia disto, fai dous días, os gardas que investigan o feito proceden á detención de G.M.T, veciño de Fisterra, que por aquel entón era novo consumidor de cocaína e cliente habitual do falecido.

O detido foi posto, durante a mañá de hoxe, a disposición do Xulgado de Corcubión imputándoselle os delitos de roubo e homicidio, xa que ao parecer, o agora imputado, podería subtraer 150 euros á vítima o día do seu falecemento.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios