Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A Festa Folk na fin do Camiño volve ás orixes

A Festa Folk na fin do Camiño volve ás orixes
Presentación da Festa Folk na Fin do Camiño  
Xa está en marcha unha nova edicion,
O acto comezou cunha breve presentación por parte de Socorro Insua, da Organizadora Asociación Anchoa, dos inicios da Festa Folk, do porqué se iniciou e do que significou no seu momento. Socorro lembrou aquela reivindicación de Fisterra como fin da ruta Xacobea, de onde saía o nome, traxectoria e os obxectivos acadados polo festival.
Novidades
María Ángeles Nemiña fixo un repaso das novidades da festa este ano. A Sesión Vermú, a Foliada libre e popular pola tarde, e sobre todo a introdución dos vasos ecolóxicos, son as incorporacións máis salientanbles. Uns vasos que se ben este ano non van ser obrigatorios, “queremos implicar á xente motivándoos a que o merquen por 1 euro, sendo posible devolver o euro si se devolve o vaso”, pero que levará a que en vindeiras edicións xa sexa de uso obrigatorio.
Este ano comezan coa iniciativa co vaso de 33 cl. (o da caña) para ver como responde a xente e xa nas seguintes edicións o extenderán a outros tamaños. A finalidade é clara: reducir o lixo e o uso do plástico, que dende logo está máis que xustificado e parécenos algo vital e racional.
Programa
Cartel da Festa Folk na Fin do Camiño 2018
O ambicioso programa con Birimbao e Sés como escaparate que apoia o Concello, co alcalde, e a Concellería de Cultura atendendo as peticións da organización.

Comentarios