Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Gardería de Fisterra abrirá antes de fin de ano con 8 meses de retraso

A Gardería de Fisterra abrirá antes de fin de ano con 8 meses de retraso

Tras varios meses paradas as obras da Gardería de Fisterra por problemas económicos da empresa construtora, a comitiva da Xunta veu sacarse unha foto á vila do Cristo. Se ben as obras eran licitadas en abril do 2011 e comezaban a realizarse en agosto, cun prazo de execución de 7 meses, os cativos de Fisterra terán que esperar ata finais de ano para que sexa unha realidade. Tempo suficiente para que ducias de cativos pasen a idade escolar necesaria para ir á Gardería.

Serán pois, cando menos, e no mellor dos casos se se cumpren estas espectativas, 8 meses de retraso.

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, non quixo falar de retrasos pero si de que o seu departamento investirá preto de 550.000 euros na construción dunha nova escola infantil na localidade coruñesa de Fisterra, que contará con 41 prazas.

Novas relacionadas

  • Comentarios