Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Licitadas as obras da escola infantil de Fisterra

Licitadas as obras da escola infantil de Fisterra

Tralas críticas da semana pasada do BNG de Fisterra, esta semana a Xunta apura a licitación de obra para a contrución da escola infantil de Fisterra. Así o publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

A entrada en funcionamento está prevista para finais deste ano.
O orzamento base de licitación ascende a 643.247,05 euros, mentres que o prazo de execución das obras será de 7 meses. O prazo de presentación de documentación remata ás 14:00 horas do vindeiro 11 de maio.

Datos

A futura escola infantil construirase nunha parcela situada na Rúa Alcalde Fernández e terá un total de 41 prazas divididas en 3 unidades para nenos e nenas de 0 a 3 anos. As instalacións incluirán tamén un aula de usos múltiples e unha zona de servizos na que estarán a cociña, vestiarios, sala de profesores e outras instalacións.

Nova escola en Carnota e Coristanco

Ademais, a Xunta asegura que xa están en construción novas escolas infantís en Coristanco e Carnota.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios