Achegando o sabor do mar ao interior


Que mellor xeito de coñecer o mar que facelo directamente na Lonxa. Así o viviron uns 50 maiores do Concello de Boqueixón, que a través do programa Mar Achega, promocionado pola Consellería do Mar e desenvolto por Altega, viñeron a pasar un día á vila mariñeira de Fisterra. E ben que lles cundíu pois todos valoraban moi positivamente a visita que recomendarían a outros veciños ao chegaren.
A visita comezou no Museo do Castelo de San Carlos, cunha espectacular sesión por parte de Alexandre Nerium. O poeta fisterrán consegue que a historia se mesture coas lendas facendo viaxar aos visitantes polos tesouros submariños das augas de Fisterra. Ademais puideron descubrir métodos antigos de pesca como a "raña", lugares emblemáticos como a "ribeira das canas". Ademais dos naufraxios que dan nome a Costa da Morte, os visitantes chegados do interior coñeceron tamén o uso do "corno da néboa", os traballos de reparación de aparellos que fan os mariñeiros nos seus "choios" no edificio da lonxa.


Tralo xantar, e na propia instalación da lonxa, os visitantes coruñeses asistiron aos preparativos da poxa que comeza cada día as 16:45 horas. Toda unha experiencia mariñeira en primeira persoa.
Novas relacionadas
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- A Costa móntase na moda dos Gin Tonics.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).