mércores. 11.12.2024
El tiempo

Aparece no mar de Fisterra o cadáver da rapaza desaparecida

  • A falta de confirmación fidedigna, a Garda Civil entende que, pola vestimenta, trátase da rapaza de Ordes desaparecida a semana pasada. 
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Vistas de Mar de Fóra e o Cabo Fisterra dende o Cabo da Nave
Aparece no mar de Fisterra o cadáver da rapaza desaparecida

Unha embarcación, atopaba esta mañá do Día de Defuntos, un corpo sen vida nos baixos da zona da Carraca, no mar de Fisterra, a 2,5 millas da praia de Mar de Fora,

De contado desprazouse a Salvamar Regulus, chegada dende Porto do Son, para recoller o corpo, e poder identificalo. Ás 10:15 a Regulus estaba de volta no porto de Fisterra.

Todo apunta a que podería ser o da rapaza de Ordes que levaba máis dunha desaparecida, e cuia mochila fora atopada na praia de Mar de Fóra. De feito, segundo informa a Garda Civil, "a falta de confirmación fidedigna da identidade, polas características e vestimenta, prevese que sexa a da moza desaparecida".

Deste xeito, polo momento a Garda Civil suspende o operativo de busca.

Comentarios