A aparición recorrente do chapapote do Prestige
17:54 06/10/16
Pedra de chapapote atopada en Nemiña este xoves 6 de outubro 2016-Foto-Felipe Sar
Acode recorrente á chamada da natureza. Volve sempre á superficie, parece que para lembrarnos a enorme desfeita acontecida hai case 14 anos. O chapapote do Prestige segue aí, baixo o manto de area das nosas praias. Pero de cando en vez, agroma.
En marzo deste 2016 aparecía a praia muxiá regada de centos de galletas, como cazabamos no confirmando os estudos dos científicos sobre a presencia de toneladas de chapapote nas nosas praias.
Esta mañá de xoves 6 de outubro de 2016, un surfeiro atopaba esta enorme pedra de chapapote (comprobado cun pau) flotando entre as augas. unha pedra do tamaño dunha táboa de bodyboard.
Canto chapapote quedará aínda nos nosos fondos?
Pedra de chapapote do tamaño dunha táboa de body no mirador de Nemiña-Foto-Felipe Sar 2Novas relacionadas
- Marzo 2016: A praia de Nemiña amence regada de centos de galletas de chapapote.
- Xaneiro 2016: O Tribunal Supremo condea a dous anos de prisión ao capitán do Prestige por dano ambiental.
- Novembro 2015: #13anosdoPrestige…
- Decembro 2013: Crebas en forma de chapapote nas praias de Fisterra.
- Febreiro 2013: Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Xullo 2012: Limpando os grans de area.
- Maio 2011: Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).