Arco Iris pide un estudo ambiental do proceso de extracción do Casón


Cumpríanse 30 anos a pasada semana da catástrofe do Casón con moitas dúbidas por resolver. Unha delas precisamente sobre o polémico proceso de desmantelamento do pecio. Desta volta é a Asociación Ecoloxista Arco Iris a que insta á Xunta a realizar un estudo de impacto ambiental sobre o proceso.
Coa empresa adxudicataria 'Despeces Lema' en pleno traballo, a entidade xa acodíu ao Ministerio de Defensa para intentar evitar unha extracción que pode provocar un “impacto irreversible nun ecosistema singular que se foi creando co paso dos anos entre os restos do Casón e nestes momentos é considerado como un auténtico criadeiro de especies mariñas”.
Pero dende o goberno do Estado responderon que é responsabilidade da Capitanía Maríttima, por iso a entidade ecoloxista acode á Xunta para esixi ”uns estudos de impacto ambiental que, a día de hoxe, non consta que se realizasen”.
Avisan ademais de que a actuación podería carrexar a tramitación dunha denuncia por infracción da normativa comunitaria ante a Unión Europea, xa que o pecio está situado en zona que pertence a Rede Natura coa consideración de Lugar de Interese Comunitario (LIC) e de Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA).
E tamén lembran que ademais do seu valor ambiental o lugar está considerado como un “cemiterio mariño, pois alí morreron 23 persoas cuxo lembro non merece esta profanación mercantilista”.
Por todo, Arco Iris, como fixera a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra, pide que se manteña a zona do Mar de Fóra como está.
Novas relacionadas
- 05-12-17: 30 anos do Casón e moitas preguntas sen resposta.
- 27-07-17: Volven solicitar a paralización do desguace do Casón.
- 20-04-17: Piden a paralización da extracción dos restos do Casón.
Artigos relacionados co Casón
- A praia de latas do Casón:
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
- Manuel Caamaño: Lembranzas do Casón.
- Os maiores de Fisterra recuperan o Casón na rede.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).