luns. 29.06.2026
El tiempo

O Fisterra Experiencie celebrou por todo o alto o seu décimo aniversario

Fisterra Experience 2026_Abordo_JaviSobrado_020 copia
A bordo do Fisterra Experience. Foto: Javi Sobrado
O Fisterra Experiencie celebrou por todo o alto o seu décimo aniversario

Co blues como esencia e coa fusión con diversos estilos musicais como nota distintiva, o Fisterra Experience celebrou esta fin de semana a súa décima edición. O festival volveu a poñer luz e ritmo nunha das vilas máis máxicas da nosa terra.

 

Ao longo de tres intensas xornadas, o festival ofreceu unha programación ambiciosa e diversa que combinou o talento galego con figuras de renome nacional e internacional. O público puido gozar das propostas de artistas da terra como Catuxa Salom, Caamaño&Ameixeiras, Adhara&Ritman ou Kike Varela, que compartiron cartel co recoñecido músico nacional Depedro e coa proxección internacional de Haylen.

Fisterra Experience 2026_Venres Caamano_JaviSobrado_52 copia
Caamano&Ameixeiras. Foto: Javi Sobrado

Experiencias singulares: Música a Bordo e poesía

Fisterra Experience 2026_Abordo_JaviSobrado_020 copia
Música a bordo no Cruceiro. Foto: Javi Sobrado

Máis alá do escenario principal, o Fisterra Experience volveu apostar por formatos singulares que fusionan a música coa paisaxe atlántica. Foi o caso de "Música a Bordo" —desenvolvido en colaboración con Cruceros Fisterra—, que levou as notas de Mr. Cool, Marcos Coll e Javier Turnes a navegar directamente sobre as augas do Atlántico.

Outro dos fitos desta edición foi a presentación no Bela Fisterra de “Ronsel”, o novo disco do prestixioso harmoniquista Marcos Coll, nun emotivo acto que contou coa complicidade da poeta Rosalía Fernández Rial.

FisterraExperience2026_Sabado27_Tarde_JaviSobrado_101 copia
Foto: Javi Sobrado

Broche de ouro no Semáforo

Fisterra Experience2026_no Semaforo con Javi Turnes_JaviSobrado
Voveldo á esencia do festival no Semaforo. Foto: Javi Sobrado

O peche a tres días inesquecibles de música nunha contorna idílica tivo lugar este domingo. O broche de ouro púxoo o concerto de Gran Bazar e unha vibrante Jam Session a cargo de Javier Turnes, Marcos Coll & The Centolo Cousins no emblemático Semáforo de Fisterra, despedindo o décimo aniversario coa calidade musical e paisaxística que caracteriza ao festival.

O festival, producido por Nordesía, conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Comentarios