luns. 29.06.2026
El tiempo

Exitosa presentación da Historia de Galicia de Ramón Marcote no Museo de Pontevedra

Exitosa presentación da Historia de Galicia de Ramón Marcote no Museo de Pontevedra.1
Exitosa presentación da Historia de Galicia de Ramón Marcote no Museo de Pontevedra
Esta fin de semana presentouse no Museo de Pontevedra a edición facsímile conmemorativa do centenario da "HISTORIA DE GALICIA (Compendio)" de Ramón Marcote, reeditada recentemente polo concello de Fisterra e a Biblioteca da fisterranía co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

No acto, ao que asistiu numeroso público, tomaron a palabra o presidente da Asociación Colón Galego, Eduardo Esteban Meruéndano, quen lembrou a relevancia do fisterrán Ramón Marcote na creación dos Comités Pro-Colón Español na década dos anos vinte do século pasado e reafirmou a vixencia do seu pensamento na sociedade dos nosos días.

O acto resultou moi concorrido e serviu asemade para seguir dando a coñecer os principais referentes culturais da fisterranía. 

Exitosa presentación da Historia de Galicia de Ramón Marcote no Museo de Pontevedra.

A continuación fixeron uso da palabra o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa; o alcalde de Fisterra, Luis Insua Lago, quen incidíu na importancia da figura de Marcote e na necesidade de nomealo Fillo Predilecto do municipio para saldar así unha débeda histórica con este ilustre intelectual; Pepe Formoso, presidente da asociación APTCM e xerente do hotel literario Bela Fisterra, quen sorprendeu os asistentes declarando a viva voz (e co público posto en pé) a galeguidade de Cristóbal Colón e, por último, Modesto Fraga, en calidade de director da Biblioteca da fisterranía, para expor, acaso sucintamente, algúns aspectos importantes relacionados coa vida e a obra de Ramón Marcote Miñarzo. 

Exitosa presentación da Historia de Galicia de Ramón Marcote no Museo de Pontevedra.2

Comentarios