Da NBA á fin do mundo facendo Camiño


O Camiño non remata no Obradoiro, como reza a documental que promove o club de baloncesto santiagués e que conseguíu traer nada menos que a unha lenda da NBA a facer o Camiño de Santiago. Ata Fisterra chegou o bo de Terry Porter, que quedou abraiado pola beleza da nosa batente mar.
Porter foi invitado polo Rio Natura Monbús Obradoiro e Turgalicia nunha iniciativa que pretende promocionar o Camiño, e o baloncesto europeo e compostelán, en EEUU. Algo así como fixera o filme “The Way” ou a proposta ”The Walk”.
Porter percorreu 6 etapas, e chegou andando ata Santiago. Esta última foi en coche, pero deulle tempo para levar adiante esa dubidosa pseudo-tradición de queimar as botas nas rochas do Faro, dando conta de que o final dunha etapa foi superada. Toda unha experiencia para el, de seguro, chegar ata a fin da terra na época romana.

Con carácter solidario
A iniciativa ademais ten carácter solidario, pois ademais da creación dun documental, os fondos serán destinados ás asociacións Heracles e Boys and Girls Clubs of Portland, de onde saíu o protagonista.
Ademais, o proxecto abre a Beca Terry Porter, a través da cal un rapaz estadounidense poderá xogar e formarse no Obradoiro cos gastos pagos.

Novas relacionadas
- The Walk to Fisterra coa música de Bach.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- The Way To Fisterra en clave de Bach.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos @CaminoObradoiro.