Denuncian que o Concello de Fisterra comezou as obras da escola infantil sen proxecto


O pasado mes de xaneiro, o Concello de Fisterra anunciábanos o comezo das obras da Escola Infantil de Fisterra. Pero parece que o proxecto non está de todo preparado. De feito, hoxe o Concello convocaba pola vía de urxencia un pleno extraordinario para propor a "desafectación dos terreos" situados xunto ao Colexio Mar de Fóra.
Para o BNG esta situación demostra que o concello está comezando os traballos "sen proxecto, nin licitación, nin nada polo estilo". Para o BNG resulta "vergoñento" o "modus operandi" do Concello, que "coloca un cartel co inicio das obras antes de obter os permisos". Denuncia o BNG ademais que esta convocatoria de pleno chega 4 días despois de que o BNG solicitase por escrito o "o proxecto de construción da futura escola".
Por eso, o BNG solicita que "se lle facilite copia do proxecto de construción da escola infantil de Fisterra, enmarcada no Plan de Actuación Social Galicia 2010-2013 e cuxo prazo de execución inicialmente previsto é de 7 meses". E pide información sobre o prazo de inscrición para as 41 prazas outorgadas.
Novas relacionadas
- 26-01-11: En marcha a futura gardería de Fisterra.
- O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia.
Fonte
- Nota de prensa de Modesto Fraga, Candidato do BNG á alcaldía de Fisterra.