Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A división do grupo de Alternativa Fisterra faise pública

Juanfran Martinez e Aurea Dominguez alternativa Fisterra
Juanfran Martínez e Áurea Domínguez
A división do grupo de Alternativa Fisterra faise pública

Era un segredo a voces que a tensión dentro do grupo de Alternativa dos Veciños era moi grande. As diferencias entre a rexedora Áurea Domínguez (investida hai un ano co apoio de investidura de BNG e PSOE) e a ligazón co partido verde, Juanfran Martínez, asesor da alcaldía ata hai pouco, acaban de saltar á palestra pública.

Saltan trala convocatoria do grupo político dunha asemblea aberta ás 20:30 horas no salón de actos do Concello. “Explicaremos, entre outras cuestións, a situación do Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños”, reza o comunicado de convocatoria do partido, ademais de sinalar que explicarán “ as graves irregularidades que existen principalmente en expedientes urbanísticos e de contratación”, así como a intención de dar balance do primeiro ano de goberno.

A rexedora, Áurea Domínguez, non agocha a súa sorpresa. “Descoñezo quen convocou a asamblea, xa que o grupo político de Alternativa dos Veciños de Fisterra non foi convocado para decidir sobre tal acontecemento”, sinala. “O portavoz do grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Fisterra é o concelleiro Francisco Antonio Lestón Redonda, quen tampoco foi chamado para adoptar tal decisión”, avisa, recoñecendo que si que irá, como escoitante e anima á veciñanza a asistir “porque Fisterra é de todos e para todos os fisterráns e fisterranas”.

Comentarios