Martes. 19.03.2024
El tiempo

En Fisterra os protagonistas do verán foron os nenos

En Fisterra os protagonistas do verán foron os nenos

Van rematando as actividades que os cativos de Fisterra puideron disfrutar ao longo destes dous meses de verán. Foron moitas as propostas como os cursos de informática que se clausuraban este pasado martes 30 de agosto.

Foron un total de 102 rapaces, de 4 a 13 anos, os que recibiron o seu diploma dos cursos de iniciación e perfeccionamento a informática das mans do Alcalde José Manuel Traba, o concelleiro de urbanismo Ramón Redonda e da formadora ocupacional Nélida Cambeiro.

Obradoiros varios

Pero non só informática tiveron os máis pequenos da Vila do Cristo. Tamén desfrutaron de dous días de obradoiros saudables e de animación durante a semana pasada. O pasado xoves 18 participaron no obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" no porto de Fisterra, actividade patrocinada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Fisterra.

O taller dunha hora e media de duración, consistiu nunca charla aos nen@s sobre as vantaxes dunha alimentación sa (en particular conservas de peixe), e un taller, onde eles mesmos se prepararon uns bocadillos de conservas.
Foron preto de 50 nenos os que coñeceron de preto a importancia do consumo de peixe, os beneficios das conservas de peixe e o fomento de merendas saudables a través do xogo.

Pero iso non foi todo, durante a tarde do domingo, a pesar da chuvia, participaron nunca festa de animación no mesmo lugar, con talleres de globoflexia, maquillaxe e xogos populares.

Novas relacionadas

Comentarios