Venres. 26.04.2024
El tiempo

Entrevistón co trío de pinchas Fisterras Mafia

Entrevistón co trío de pinchas Fisterras Mafia
Fisterra prepárase para vibrar con 10 horas de house e mafia . A Discoteca Zona Zero e as Novas Xeracións de Fisterra traen o I Festival House Finisterrae, onde os locais Fisterras Mafia serán os auténticos anfitrións. I é que haberá dilleis de todo o planeta co serbio Vlada Asanin con grande reclamo internacional. Polo de pronto, a Axenda Sonora Costa da Morte, o punto de encontro dos festivaleiros da bibsarra, xa ten festivalón de música electronica!! E non perdades a posibilidade de conseguir dúas entradas para o Festival: Apúntate e consegue 2 entradas para o I Festival House Finisterrae. Aquí vos deixamos cun entrevistón que lle facemos aos Fisterras Mafia (FM), Brais The Nice (BTN), Pana Velay (PV) e Fer Fisterra (FF). Non perdades detalle.
  • QPC: Supoñemos que afeccionados á música electrónica de toda a vida...
- FM: : Por suposto, a verdad é que nos gusta a música en xeral, pero co paso dos anos quédaste ca que de verdadeiramente che apasiona. E obviamente a electrónica é o noso estilo, o Tech-house en concreto. - BTN: Nestes intres unhas das miñas refencias é Afrojack, debido a que producindo é simplemente un xenio, xa que produce tanto tech-house, progressive-house, e ata marcou un estilo propio chamado Dirty Dutch. Logo tamén estan os Steve Angello, Axwell, Laidback Luke, Mark Knight.... españoles coma Alex Denne, Vlada Asanin, Joan Reyes, Amo&Navas, Paco Maroto, Juanjo Martin, Dj Chus, David Penn... e tamén clásico coma Daft Punk, Ben Sims... Tamén ten moita clase á hora de pinchar. Pero sen dúbida, Fer foi (e é) quen marcou o meu estilo e quen me culturizou en todo esto da música electrónica. Pasando horas e horas comigo ensinándome, pero non lle din moito choio, xa que aprendin rapido (risas Fer). - PV: A día de hoxe as miñas referencias seguen sendo as mesmas de fai uns anos (Ben Sims, Carl Cox, Christian Varela...) porque de feito o Techno é dos estilos que máis me atraen. Pero os tempos cambian, e tendo que nomear apuntaría a Danny Leblack, Vlada Asanin, Feddle le Grand... Igual que o meu socio, unha das persoas que máis me involucrou nisto (porque tamén me deixei jajajajaja) foi Fer, porque foi o que adicou moitas das súas horas e paciencia para ensinarme a pinchar e todo o que sei. Vamos, que sen él non sabría todo o que sei. - FF: Seriame moi dificil decantarme por algún en concreto, xa que as miñas sesións abarcan moitos estilos. Apuntaría a Vlada Asanin, Oscar L, Ovidi Albert, Marshall Ventura, Dj Wady, David Penn. Pero especialmente Fedde Le Grand, pola sua clase á hora tanto de producir coma de pinchar. E tamén nombrar a un gran amigo meu, Dj Evil, que realmente aprendin moitísimo con el nos meus comezos cando pinchaba no Oasis, xa que neste mundillo cada un ía ó seu e facelo pola túa conta resultaba e resulta, moi complicado. Pero para min as miñas grandes influencias sempre foron os Chemical Brothers, The Prodigy, FatBoySlim, Jammiroquai, Alexander Kowalski, Octave One, Sash...
  • Que outras músicas escoitades?
- BTN: A min gústame calquera tipo de música. E aparte da electrónica sempre me gustou grupos tales coma Blink 182, Muse , Sum 41, The Off Spring, Artic Monkeys, My Chemical Romance, Oasis, Temper Traps, Justin Timberlake... - PV: Básicamente o meu é o rock, debido a que meu pai nos seus tempos mozos, tiña un grupo chamado "Papirus" e así comezou a miña devoción a este estilo. Gústame escoitar Extremoduro, Marea, Rulo y la contrabanda, Fito y los Fitipaldis, Manu Chao.... Pero tamén música antiga coma Dire Straits, The Police, The Beatles... - FF: Eu escoitar, escoito de todo. Ata teño un disco de Cañita Brava (jajajajaja) pero o que máis me gusta cando non eston ca música electronica, é o RnB, e tales coma Nelly, 50 Cent, Justin Timberlake, Ne-yo, Ciara, Jamelia...
  • E como surxíu crear un grupo de pinchas?
- FM: Fer, era o que pinchaba nos eventos por aquí pola comarca, e este verán pasado déusenos por facelo en grupo, xa que tanto Pana coma Brais, foron e son pupilos de Fer, e decidimos probar que tal se nos daba pinchar os tres xuntos, e así comezamos... E ó parecer tivo bastante éxito... Pero ó acabar o verán decidimos dar un paso adiante e meternos no tema da produción máis profesionalmente xa que antes era en plan hobby,e agora da a casualidade de que temos un contrato discográfico con Voch Records, e algún que outro proxecto entre mans.
  • Non cabe dúbida de que a Fisterra enteira estavos axudando na promociin. A quen estades particularmente agradecidos?
- FM: Sen dúbida agradecerllo a todo o pobo, xa que dende que levamos pinchando xuntos sempre están aí dándonos todo o seu apoio e animándonos. E é de agradecer que valoren así o teu traballo. Pero en especial darlle as gracias a Silvia Sar, que é quen conta con nos para todolos eventos do pobo, e foi ela quen fixo posible que nos xuntáramos no verán para que saise isto.
  • Esperabades esta resposta de toda a bisbarra?
- FM: Nin de coña!! (jajajajaja) A verdade é que cando traballas duro que cho agradezcan desta maneira non hai palabras para describilo. Nos cada dia nos sorprendemos máis do apoio que estamos recibindo de tódalas partes, e nos sentimos infinitamente agradecidos con todo o mundo, xa que sin ese público, nós, non seriamos nada. E nestes caso o único que podemos dicir é: MOITISIMAS GRACIAS A TODOS.
  • Bueno, e algo se coce o vindeiro sábado 16 en Sardiñeiro... Cóntadenos un pouco como vai ser este festivalón.
-FM: O festival, vai ser unha cita que ninguén se poder perder xa que tempos preparado un festón enorme. Estes eventos non suelen abundar na comarca, e por eso a nosa intencion é poder repetilo cada ano, e que a xente cada vez disfrute máis. O Festival empezará entrando a noite co espectáculo de motor, e logo ca mellor música a cargo dun amplio repertorio de Dj´s, pero sen dúbida o plato forte vai ser a actuación do Dj serbio, Vlada Asanin, que é dos mellores no seu estilo a nivel mundial. Esperamos vervos a todos alí, e para no ano que ven máis e mellor, xa que esto vai ser un dia para ser recordado por todos.
  • Pois nada, vémonos de festaaaa!!! Aaah! e moitas gracias por achegar a música electrónica á Costa da Morte e darnos un respiro ante a ditadura da Orquesta.

Sorteo de entradas

Máis información

Xa saben, se queren contratalos non dubiden en contactar con eles a través do Facebook (Fisterras Mafia, ou enviando un correo a [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios