Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Esixen que se rematen as obras do cemiterio municipal de Fisterra

Esixen que se rematen as obras do cemiterio municipal de Fisterra
Cemiterio do Cabo Fisterra. Imaxe: Marcos Rodríguez Cemiterio do Cabo Fisterra. Imaxe: Marcos Rodríguez Se onte pedían un escudo e unha bandeira oficiais para Fisterra, hoxe piden que se rematen as obras do cemiterio municipal. Segundo indica a asociación de veciños "Costa da Morte" as obras, que se iniciaron no 1999, "quedaron a medio facer polos problemas xurdidos ao non poder facer fronte o concello a unha reforma no proxecto presentado pola empresa constructora, razón pola cal quedou reducida á metade e, que, en todos estes anos pasados non houbo capacidade económica e/ou vontade política para terminar a obra". Dende a asociación veciñal califican de "lamentable" que estas obras se atopen en estado de abandono despois do importante investimento económico realizado e ante a situación actual de saturación do cemiterio parroquial. Segundo os membros da asociación de veciños "Costa da Morte", o concello de Fisterra está incumprindo a lei do Chan que prohibe e sanciona as obras inacabada, que contribúen ao feísmo.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios