Fisterra abre as bases do Concurso de Comparsas do Entroido máis tradicional
Arrinca o ano e coma sempre Fisterra xa está pensando na súa gran troula. “O Entroido máis tradicional da Costa da Morte” ponse en marcha co anuncio das bases do Concurso de Comparsas, ese exercicio de teatro e coreografías que fai da retranca unha auténtica arte.
O Entroido de Fisterra 2017, como o ano pasado, volverá ser en sábado, na tarde do sábado 25 de febreiro, no pavillón municipal. Do mesmo xeito, a contía dos premios volve ser a mesma. Os premios serán de 1.400€ para o gañador, 1.100 para o segundo premio e 800€ para o terceiro, e coma sempre, o resto de comparsas participantes recibirán unha axuda de 300€.
Así, o vindeiro 16 de febreiro ás 14:30h pecharase o prazo de inscrición e saberemos cantas comparsas participan finalmente neste 2017.
O ano pasado foron 5 as comparsas participantes e que invitan a pensar que este ano volveremos ter un gran entroido, xa que a mocidade de moitos dos protagonistas fan prever un futuro seguro para un entroido que abre sempre ás portas ás veciñas comparsas de Lires, Gures, Buxantes, Vimianzo…
Novas relacionadas
- Entroido 2016: O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Entroido 2016: A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
- As Festas de Fisterra recuperan aos seus Cabezudos.
- Entroido Fisterra 2015: A retranca, polas veas de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).