Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Fisterra, canteira de pinchas

Fisterra, canteira de pinchas

Esta fin de semana é unha boa ocasións para comprobar a espectacular a febre electrónica que está a sufrir a Costa da Morte. En concreto, a vila de Fisterra é a máis "invadida" e xa son varios os grupos de deejays creados nos últimos tempos. E estes xoves e venres hai ata 3 sesións de zapatilla en diferentes pubs da vila do Cristo. Moitos dos que estarán tralos platos, son da casa.

Hai varios meses nacían os Fisterra's Mafia, os primeiros en facer emerxer a semente electrónica creando de Fisterra unha boa canteira de pinchadiscos.
De feito, da súa influencia nace a nova parella de djs MagicSound Group, formado polo fisterrán Martín Romero Costa e o carballés de Noicela, Rubén Casás. Ambos estudian na Coruña e gustan de todo tipo de música House, pero facendo especial fincapé en varios sub xérenos como o Club, Comercial, Electro ou o Progressive.
Tras un ano de preparación, este venres 9 de setembro chega o gran día da presentación en sociedade. A cita terá lugar no Pub Manhattan de Fisterra a partir das 2:00h.

"Finde" electrónica en Fisterra

Vén completa a semana en Fisterra. Hoxe mesmo, xoves 8 de setembro, os Fisterra's Mafia teñen cita no Pub Manhatan, onde mañá debutarán os MagicSound Group.

Pero ademais, o Pub Titanic fisterrán tamén terá sesión electrónica o venres a partir das 2:00h. Contarán cos Djs invitados, os propios Fisterra´s Mafia (Voch records, EON Music), ademais de Juan López, Nimideejay (Discoteca Zona Zero) e Sound of the night.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios