Venres. 19.04.2024
El tiempo

24 horas de música e festa no Asagheiras Master Festival

24 horas de música e festa no Asagheiras Master Festival

A Axenda Costa da Morte mira con tristura o fin do verán. Pero aínda quedan un par de citas ineludibles con dous festivais claves da Costa da Morte. Xa coñecemos o cartel do XiriaPop, e hoxe cambiamos pop por caña, e cambiamos Carballo por Lariño. Alí, no Campo de fútbol, celebrarase o Asaghieiras Master Festival o vindeiro sábado 17 de setembro dende as 12:00h.

Serán 24 horas completas de festa, con 12 grupazos, churrasco, dj e múltiples actividades. O churrasco comezará a saír da brasa a sobre as 12:00h, hora á que empezarán os pasarrúas de música tradicional, os xogos populares, os palcos espontáneos e o Obradoiro do Novo Circo de Santiago para os máis pequenos.

Maratón de músicas

A música chegará a partir das 16:00h, cunha espectacular traca de 12 grupos. Haberá un parón ás 0:00h, para que o Bruxo da Costa da Morte nos leve de Queimada. Pero polo resto, ata que o corpo aguante, i é que Dj Berro non deixará que pare a música ata a mañá do domingo...

Estas son as bandas participantes:

De toda a organización, coma sempre, encárganse oos rapaces da ACDR As Asaghieiras, que conta coa colaboración da Asociación Relápago de San Mamede e o Concello carnotán.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Fonte

Comentarios