martes. 22.04.2025
El tiempo

Fisterra prepara unha gran festa na rúa co I Rastriño Internacional da Fin do Camiño

Fisterra prepara unha gran festa na rúa co I Rastriño Internacional da Fin do Camiño
Os Sombreros da Lolitina

Andan os meigos en marcha por Fisterra. O Concello fisterrán e unha boa representación da arte local están preparando para os vindeiros días 1 e 2 de maio, coincidindo ca ponte laboral que se celebra en toda o país, un Rastriño de Artesanía e de venta de outras mercadurías relacionadas co Camiño Xacobeo e co pereginos que acuden a rematar a ruta a Fisterra.

Co nome de Rastriño Internacional na Fin do Camiño, esta iniciativa pretende impulsar e dar a coñecer o traballo dos fisterráns que se dedican, como ben dí o coñecido artista local, Miguel FK á “Arte-Nativa”. Pero ademais servirá para abrir unha porta e ofrecer aos artesáns que veñen dende diferentes lugares de Galicia e do resto do mundo a posibilidade de amosar e vender os seus produtos tanto aos propios fisterráns como aos que durante eses días visiten á fin do Camiño.

O Rastriño aspira a ser unha festa na rúa e un mercado diferente e aberto non só a artesanía senón tamén ao mundo do espectáculo e da cultura. Por elo nel caben tamén outro tipo de actividades como o teatro na rúa, a música, gastronomía, e mesmo a literatura. De feito xa están en marcha as contratacións de varios grupos musicais e teatreiros, algún deles solistas locais que actuarán de balde.

A organización, detrás da que está o bo de Roberto Traba Velay, un deses fisterráns aos que non lle para a cabeza e ten tempo ata para escribir unha novela, ten pensado tamén sacar a rúa en paneis as obras dos fotografos e pintores locais, facer unha proxeción de diapositivas nocturna na rúa, e si se apuntan que nos regalen un par de bailes os grupos fisterráns. Un Roberto que pide que a xente se disfrace cun aire de finais do século XIX o primeiros do XX, con saia, pano e mandil e pantalóns negros e chaleques con boina ou sombreiro, algo que sería fantástico para o ambiente.

E bo futuro lle auguramos cando sabemos que o proxecto xurde da inicativa de varios fisterráns inquedos e de varios pereginos “integrados” na vila, que ten o apoio municipal que pechará a circulación de coches e fará peatonal a rúa Real ambos os dous días, para que os participantes instalen os seus postos de traballo.

Só cómpre que comerciantes locais de toda a volta (por agora xa van unha ducia confirmados) se sumen a esta iniciativa e monten un posto na rúa para que este I Rastriño sexa non só un éxito senon tamén a primeira pedra que anuncie o seu triunfo e a súa consolidación en futuras edicións.
Todos aqueles que estén interesados en participar ou recibir información poden poñerse en contacto con Silvia Sar Insua, a responsable de concello de Cultura chamando ao 699263964 ou ben a Roberto Traba no bar Galería ao 674072318.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios