Fisterra prepara unha Semana das Letras moi divertida

09:10 07/05/13

Musicoterapia, guiñol, monólogo... estas Letras Galegas 2013 adicadas a Vidal Bolaño en Fisterra serán máis que simpáticas.
As citas comezan o mércores 15 de maio cun taller de musicoterapia pensado para os alumnos dos colexios. Para o propio venres 17, toca Guiñol nun recuncho do monte, sobre os lumes e a súa repercusión, e un monólogo de Víctor Grande ás 19:30h no Salón de Actos de Fisterra.
Ademais, do martes 21 ao 28 poderase ver unha exposición na Lonxa de Fisterra do "Querido Balbino, 50 anos de memorias dun neno Labrego", unha exposición que será inaugurado o 21 ás 12:00 por Xosé Neira Vilas. Unha exposición que se poderá disfrutar de 16:00 a 19:00h e polas mañás para os colexios.
Letras Galegas na Costa
- As FestiLetras da aldea do Couto viven a súa idade de ouro.
- Cee propón un poético maio de Letras.
- Zas adica o mes das Letras a Vidal Bolaño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).