Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa

Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa
Un pobo volcado ca Semana Santa de Fisterra

Quedamos verdadeiramente sorprendidos cas cifras. I é que comprobar que arredor do 40% do case 5.000 habitantes de Fisterra participan, dun xeito ou outro, na Semana Santa da vila do Cristo, non deixa de sorprender. Así, facendo cálculos ca xente da Xunta de Confrarías, saen case unhas 2.000 vencelladas a estas festas, e a todas elas queremos render esta homenaxe en forma de nota.

Con tanta xente involucrada é normal que se colgue o cartel de completo, que a estrea da nova imaxe da Borriquita fose un éxito unánime, ou que cada ano soe máis e máis esta Festa de Interese Turístico Galego.

Queremos valorar o traballo desas 5 Confrarías que entre elas soas xa xuntan un milleiro de persoas (arredor de 200 confrades cada unha, cos costaleiros como uns dos protagonistas). Falamos da Confraría do Divino Nazareno e Santo Sepulcro, a Confraría da Nosa Señora das Dores, a Confraría de San Xoán Evanxelista, a Confraría da Verónica e a Cofradía da Santa Cruz. Ademais, por suposto, da Xunta de Confradías, formada por dous membros de cada confraría.

Pero queremos tamén falar dos membros dos dous coros parroquiais, da Banda Eduardo Pondal de Fisterra, desas 60 persoas que fixeron dos persoaxes vivintes da Resurrección, da brava xente da Comisión de festas, das colaboradoras da Igrexa, e toda a xente que está na sombra axudando, limpando…

E tamén toca falar dos voluntarios de Protección Civil e da Policía Local, así como do apoio municipal, tamén claves para o bo desenvolvemento da festa.

Unha festa global

I é que a verdade é que son moitas as festas nas que hai moita xente involucrada, pero normalmente, toca chegar e disfrutar. Aquí, hai que organizar a 2000 para que cada un vaia no seu sitio, co vestido perfectamente axeitado, polo que a organización é moito máis complicada.

A Panorama nunca falla en Fisterra pola Semana Santa

Cómpre resaltar o traballo da Comisión de Festas, arrincando xa no mes de decembro e conseguindo traer, ano tras ano á Panorama. E o da Xunta de Confradías que leva dende o final das festas do ano pasado en marcha. De feito, cómpre parar a valorar o traballo da Xunta, que se nota ano tras ano, coa presenza de máis turistas de fóra de Galicia, algo no que levan implicados estes últimos meses, mesmo aparecendo varias veces na prensa estatal como no ABC. Tamén hai máis trato con outras Semanas Santas de Galicia, e precisamente aí é onde hai que chegar, a estar a altura das de Ferrol e Viveiro, como este se deu conta na TVG ou na Radio Galega, nas que falaron tanto da vila do Cristo como das vilas ferrolá e mariñá.

A Resurrección, a gran cita

E gracias a un dos pesos pesados de Fisterra, José Fernando Carrillo Ugarte, deixamos constancia da fermosa representación da Resurrección deste 2015:


Novas relacionadas

Fonte

https://youtu.be/V1b4Dbv7jpA

Comentarios