Fisterra xa ten ordenanza de autocaravanas

Levamos anos vivindo como o auxe das autocaravanas provocas numerosos problemas nas vilas costeiras en época de verán. Pero poucos concellos fan algo para remedialo, para ordenalo. O de Fisterra convetiuse no primeiro concello en sacar adiante unha ordenanza que poña un marco ás pernoctacións destes vehículos. Así o aprobou no pleno do pasado xoves.
Ao remate do Pleno o BNG fisterrán quixo reivindicar o seu traballo para sacar adiante tanto a ordenanzas de autocaravanas como a de camiños forestais. Os nacionalistas lembraron que os trámites destas dúas normativas municipais xa foron impulsados cando o BNG estaba no goberno local no anterior mandato. A voceira municipal do BNG , Tereixa Fernández, afirmou que “o labor que fixo o noso grupo cando participamos no goberno ve agora os seus froitos”.