Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fotodenuncia: Augas contaminadas na praia do Rostro

Fotodenuncia: Augas contaminadas na praia do Rostro
Esta semana a praia de Mar do Rostro volvía sacar á luz os tesouros que agocha. Unha tarde de mar de fondo provocaba que centos de galletas de chapapote formasen un negro manto na beira do mar, de igual xeito que contabamos hai un par de meses. Pero non só o chapapote afecta ao areal fisterrán. Mónica Sambade envíanos hoxe unhas fotos que sacou o pasado martes 9 de agosto, nas que podemos apreciar "o noxento (e perigoso) estado das augas da Praia do Rostro". Unhas augas que levaban así uns días pero sobre as que ninguén falou. "Se algún día vos pasades por alí coa marea baixa veredes a contaminación que está latente aínda nas augas", laméntanse Mónica.

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios