Luns. 07.10.2024
El tiempo

Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra

Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra

Mes de maio, mes das letras. E como boa parte dos Concellos da bisbarra, o de Fisterra artella un plan de actividades que comezará o mesmo día 17 de maio.

Ese xoves abrirá cun obradoiro de TITEREHOP de 11:00 a 13:30 horas no salón de actos do Concello de Fisterra. Trátase dun taller do uso da lingua galega en accións coma o hip-hop, e está pensado para adolescentes de entre 13 e 17 anos. Rematará coa creación dun vídeo!
Hai que inscribirse antes do 15 de maio no Departamento de cultura ou no teléfono 981.74.00.01 Ext 1.

Ese mesmo 17 de maio completarase cun Recital Poético da obra de Valentín Paz Andrade e Celso Emilio Ferreiro e un monólogo cómico de Pedro Brandariz sobre a lingua e a cultura galega. A cita, ás 17:00h No salón de actos novo do Concello de Fisterra.

As citas continúan o sábado 19 de maio coa representación da obra O Señor das Dunas, ás 12:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Trátase dun espectáculo de animación con area de 5 contos galegos.

Ademais, o sábado 26 de maio, ás 11:00h toca “GALEGO DE CINE” no Porto de Fisterra, unha caravana onde se proxectará curtas de animación en galego.Terán ocasión de participar nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no seu achegamento ao cine na nosa lingua. Os resultados destes traballos poden verse na canle de Youtube Galego de Cine.
Esta actividade está destinada a nen@s de 6 a 12 anos. E cómpre inscribirse antes do 24 de maio no telf: 981.74.00.01 ext 1.

Novas relacionadas

Comentarios