Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián

Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián

Se as Letras Galegas teñen un claro foco de interese no Festiletras, o Concello de Muxía tamén prepara un completo programa de actividades. Un programa que mestura dende o hiphop, aos títeres, pasando polos libros, a música coral e as rutas a pé.

Iso si, López Abente, como non podía ser doutro xeito, terá un protagonismo especial, e o propio 17 de maio será homenaxeado en nome da súa fundación.

Programa das Letras en Muxía 2012

  • Domingo 6 de maio:
    - Obradoiro de Hip hop en galego. Ás 17:00h no Pavillón Polideportivo de Muxía. Inscribirse nas Oficinas do Concello de Muxía. Lugar de celebración.
  • Domingo 13 de maio:
    - O Señor das Dunas, no Salón de Actos ás 18 horas. Espectáculo para público familiar.
    - Festa dos maiores amenizada con xogos populares e baile
  • Xoves 17 de maio:
    - 12:00h: Homenaxe a López Abente, con ofrenda floral no monumento, e inauguración de placas conmemorativas na casa na que viviu o poeta e no Cabo da Grixa, lugar de nacemento. O percorrido irá acompañado con lectura de poemas. (Organiza Fundación Gonzalo López Abente)
    - 20:00h: Actuación da Coral Virxe da Barca, no Salón de Actos.
  • Venres 18 de maio:
    - 18:45 horas: . Na Biblioteca Municipal, presentación do libro “Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte” de Xan Fenández e Rosalía Fdez. Rial. (Organiza SEMESCOM, colabora Fundación G. López Abente).
  • Sábado 26 de maio:
    - Ruta a pé pola Vila de Muxía para os alumnos de Secundaria. Organiza Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra, Colabora Concello de Muxía.
    - 19:30 horas: Na Biblioteca Municipal, presentación do libro “A narrativa mariña de Gonzalo López Abente”. Edición de Xesús Sambade. Organiza Fundación López Abente.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios