Luns. 27.09.2021
El tiempo

Unha homenaxe virtual polos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte

Batallon Literario da Costa da Morte en 2020 no Bela Fisterra-Foto-Xesus Bua
Imaxe do vermú dunha ducia de autores do Batallón Literario da Costa da Morte en 2020 no Bela Fisterra-Foto-Xesus Búa
Unha homenaxe virtual polos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte
Nova homenaxe polos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte

Como xa fixera o ano pasado, o Hotel Literario Bela Fisterra vai realizar unha nova homenaxe ao Batallón Literario da Costa da Morte. Unha cita, coordinada por Modesto Fraga, para celebrar os 25 da creación, en 1996, deste singular grupo que cambiou a historia cultural de toda unha comarca.

A homenaxe consistirá en subir ás súas redes sociais vídeos dos autores que formaron parte do colectivo así como outros que participaron, directa ou indirectamente, daquel momento tan ilusionante e tan fértil para a creación literaria na nosa bisbarra.

Así, todos os días, desde o vindeiro luns 3 de maio, irán aparecendo nas RRSS do hotel literario “Bela Fisterra" os vídeos inéditos dos autores que se sumaron a esta efeméride para conmemorar o 25 aniversario dun colectivo de escritoras e escritores que, a través da palabra, foi quen de situar a Costa da Morte nun lugar preferente e referencial no sistema literario galego contemporáneo.

”Pretendemos con esta iniciativa poñer en valor o traballo desenvolvido ao longo de todos estes anos polos nosos creadores e creadoras e, á vez, animar ás novas fornadas de autores da comarca a seguir a gloriosa senda iniciada por figuras tan destacadas das nosas Letras como Eduardo Pondal, Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón ou Antón Zapata, entre outros.
Somos os “Feros Corvos do Xallas", herdamos ese legado, e seguimos habitando estas terras orgullosos do noso pasado, do noso presente e do noso futuro.”

Novas relacionadas

Artigos relacionados

comentarios