Luns. 30.03.2020
El tiempo

O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra

“Antes do Batallón tiñamos as obras Pondal, de López Abente, algunha de Concha Blanco e de Miro… pero a partir do Batallón temos un océano de obras literarias da Costa da Morte”.
Batallón Literario da Costa da Morte reunido 2020 en Fisterra. De esquerda á dereita: Xoán Alberte Moure, Alexandre Nerium, Fernando Cabeza Quiles Xosé María Lema Suarez, Modesto Fraga, Concha Blanco, David Creus, Marilar Alexandre, Estevo Creus, Miro Villar e Moncho Bouzas-Foto-Xesús Búa
Batallón Literario da Costa da Morte reunido 2020 en Fisterra. De esquerda á dereita: Xoán Alberte Moure, Alexandre Nerium, Fernando Cabeza Quiles Xosé María Lema Suarez, Modesto Fraga, Concha Blanco, David Creus, Marilar Alexandre, Estevo Creus, Miro Villar e Moncho Bouzas-Foto-Xesús Búa
O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra

”Máxico, bestial, marabilloso, histórico”. Así define Modesto Fraga o reencontro do Batallón Literario da Costa da Morte. 24 anos despois da súa creación, un dos movementos culturais da historia da comarca, volveron unirse, no fin da terra, para deixar “aberta unha portiña que poida servir para reactivar algo”.

Non son aqueles tempos nos que mozos e mozas de media Galicia se xuntaban, fóra das redes sociais, continuamente no Macondo, a cafetería de Modesto, para armar e desarmar historias. Hoxe en día, as cargas familiares e responsabilidades non son as mesmas para un grupo de persoas que chegou a rondar a trintena. Este domingo, no Hotel Bela Fisterra de Pepe Formoso, reconvertido no novo Macondo, xuntáronse unha ducia daqueles [email protected] creadores.

Xoán Alberte Moure, Alexandre Nerium, Fernando Cabeza Quiles Xosé María Lema Suarez, Modesto Fraga, Concha Blanco, David Creus, Marilar Alexandre, Estevo Creus, Miro Villar e Moncho Bouzas foron os que finalmente puideron asistir, neste que esperan que sexa só o primeiro de moitas novas accións.

A primeira foi no primeiro hotel literario de Galicia, un espazo convertido nunha mostra da arte literaria costeira ao mundo. E quen sabe se a vindeira acción do novo Batallón se podería dar no Parador de Lourido, unha vez que Julio Castro, o director, estivo presente e xa deu conta da súa intención de que o Parador sirva de escaparate á obra literaria da Costa da Morte.

Dende o Batallón xa pensan na posibilidade de organizar un congreso ou un encontro, de toda península, co mundo lusófono, e por iso tamén agradeceu a dispoñibilidade do Concello, que en nome do seu alcalde e da concelleira de Cultura, aseguraron a intención de colaborar.

Debates varios

Batallon Literario da Costa da Morte en 2020 no Bela Fisterra-Foto-Xesus Bua
Foto: Xesús Búa

O encontro informal, nada encorsetada, en clave de vermú (ou café), permitou que se desenvolvesen as conversas con naturalidade. Saíu a colación o panorama desolador da situación da lingua galega, lembrando que só o 12-14% da mocidade do país falan en galego. Pero saíron propostas en clave positiva, como a necesidade de afondar no sentimento fachendoso do galego fetén.

O Pouso do Batallón: 200 obras literarias

Outra das preguntas que se formularon é como influíu o Batallón na sociedade do seu momento, e cal foi a pegada real. “Deixou pouso”, preguntouse Modesto. El teno claro: “Ademais de poñer en valor os trazos dialectais, que antes estaban moi mal vistos; da pelexa pola Memoria Histórica… máis alá da actividade frenética que fixemos 96 a 99, a creación literaria que provocou aquel Batallón é espectacular. Todos quedaron perpexlos cando saquei a cifra do número de libros publicados polos autores do Batallón dende aqueles anos. Antes do Batallón tiñamos as obras Pondal, de López Abente, algunha de Concha Blanco e de Miro… pero a partir do Batallón temos un océano de obras literarias da Costa da Morte”, conta fachendoso.

Agora toca o máis difícil, manter viva esa chama cultural prendida na fin da terra, e que deste encontro saia un novo xérmolo de actividade.

Novas relacionadas

comentarios