Mércores. 08.12.2021
El tiempo

A hospitaleira de Fisterra, Begoña Valdomar, leva a hospitalidade costeira á Coruña

Begoña Valdomar
A hospitaleira de Fisterra, Begoña Valdomar, leva a hospitalidade costeira á Coruña

Son moitos os anos de experiencia como hospitaleira na fin do Camiño. Dende o 97 leva Begoña Valdomar (Fisterra, 1970) coidando o Hospital de Peregrinos de Fisterra, ademais de ser unha peregrina máis. De aí que sexa unha voz máis que ideal para falar da hospitalidade galega.

Ese será o lema da charla que vai impartir este xoves 30 de setembro no Auditorio da Fundación Rodríguez Iglesias (R/Cordelería, 32, A Coruña), da man da Asociación de Periodistas do Camiño de Santiago.
Un coloquio que serve de pecha á exposición “Os tres hospitais do mundo: a hospitalidade na construción do Camiño”, que está aberta ata o 30 de setembro. Comisariada polo xornalista e fotógrafo galego José M. Salgado e cofinanciada pola Xunta de Galicia, forma parte do programa O teu Xacobeo. Nela ofrécese unha perspectiva da historia da hospitalidade e o seu papel clave no Camiño de Santiago dende antes da aparición do sepulcro do apóstolo en Compostela.

Valdomar é ademais responsable de Hospitalidade Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS) nos albergues de San Roque-Corcubión e Hospital de Peregrinos Santo Antonio de Herbón-Padrón.

O evento é de libre asistencia ata completar aforo.

comentarios